lunes, 18 de abril de 2011

Comunicado aos socios/as do Banco de Tempo

O proxecto do Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra vense desenvolvendo dende o ano 2008 xestionado pola asociación sen ánimo de lucro A.D.R. PRODER II -Comarca de Pontevedra.

Esta entidade, unha vez cumpridos os fins para os foi creada, deixa de estar operativa a partir de maio de 2011. Nestas circunstancias, o Banco de Tempo, como proxecto dependente da ADR, vese afectado na súa continuidade.

Polo tanto, péchase unha etapa (2008-2011) de creación do Banco de Tempo tal e como o coñecemos ata agora.

Sen embargo, é o noso interese aproveitar o esforzo realizado para dar continuidade a un proxecto que ven marcado pola participación dos seus socios. Por iso estamos a traballar nas posibles vías de xestión e financiación que o permitan.
Dita continuidade pasaría por ter unha nova entidade xestora e polo tanto unha nova contabilidade e, con gran probabilidade, uns novos procedementos e protocolos.

Por este motivo os socios/as do Banco de Tempo, para garantir o disfrute das horas acumuladas, deben esgotar os seus saldos antes do 20 de abril. A partir de esta data non se garante que os intercambios realizados sexan rexistrados nin as horas compensadas.

A partir do 20 de abril de 2011 a situación queda do seguinte xeito:

• A Axente de Tempo de Marín, que seguirá desenvolvendo ata agosto o seu traballo dende a Granxa de Briz, será a persoa de referencia para todos os socios.

• Os intercambios grupais de manualidades, Tai Chi e informática teñen os espacios reservados ata o 31 de maio. A partir de esta data non se poderán ocupar nin prorrogar.

Calquera nova en relación ao posible reinicio ou continuación do Banco de Tempo será comunicada mediante os cauces oportunos.

Para que así conste a efectos de información dos socios do Banco de Tempo da comarca de Pontevedra a ADR PRODER II- Comarca de Pontevedra expide el presente comunicado en Pontevedra a 4 de abril de 2011.

No hay comentarios:

Publicar un comentario